Os tres grupos parlamentarios aprobaron reactivar a comisión de investigación das caixas
Publicado o 20/10/2020 15:48
Os tres grupos aprobaron no Parlamento reactivar a comisión de investigación das caixas.
Unha comisión que xa realizara moitos traballos en anos anteriores, pero que non emitira aínda as súas conclusións.
Agora poderá facelo, aínda que os grupos teñen xa un relato de partida diferente.
Os populares cren que a Xunta loitou sempre por manter unha entidade galega.
Pola contra, a oposición cre que foi un fracaso e que a Xunta ten responsabilidade.
Pero houbo tempo tamén para que socialistas e nacionalistas se acusaran mutuamente de seren "parvos útiles" do Goberno galego.