CRTVG

Buscar

Os tres detidos polo crime de Vinarós pasan a disposición xudicial

Publicado o 08/04/2019 15:54

O mozo de 22 anos detido en Ulldecona pola morte da súa parella pasou esta mañá a disposición xudicial no xulgado de violencia de xénero de Vinarós, onde residía a parella. Xunto a el foron postos a disposición do xuíz outros dous homes arrestados igualmente pola súa suposta implicación no crime.

O cadáver de moza, de 26 anos e nacionalidade moldava, desaparecida a mediados de febreiro na localidade castellonense de Vinarós, presentaba sinais de violencia. A confesión da súa parella, de 22 anos, permitiu localizar á Garda Civil o lugar onde estaba enterrado, un descampado próximo a Ulldecona, na provincia de Tarragona.

Xunto ao mozo da vítima, foron detidos outros dous homes pola súa suposta implicación no crime. Os tres pasaron esta mañá a disposición do xuíz titular do Xulgado de Instrución e Violencia de Xénero número 4 de Vinaroz, onde residía a parella. Segundo as autoridades, non constan antecedentes policiais nin denuncias previas da vítima sobre malos tratos.

De confirmarse que se trata dun novo crime machista, serían 16 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas no que vai de ano en España. Fronte á sede dos concellos de Vinarós e Ulldecona gardáronse este mediodía minutos de silencio en lembranza da moza asasinada.


 

Noticias web

08/04/2019