Os trens volven circular entre Ourense e Zamora
Publicado o 29/11/2019 14:19
Quedou restablecido o tráfico ferroviario entre Zamora e Ourense. A liña estaba cortada dende o 5 de novembro debido á construción do AVE Madrid-Galicia.
Durante este tempo, o Adif adaptou á alta velocidade o treito Taboadela - Ourense, acometeu obras no túnel do Padornelo e na estación de Zamora, ademais de renovacións da vía.
Deste xeito, o servizo de viaxeiros de Renfe volveu á normalidade esta madrugada, deixando de funcionar o plan alternativo de transporte con autobús por estrada.
Máis sobre actualidade
25/01/2021 08:23