CRTVG

Buscar

Os trens de Renfe difunden a figura de Carvalho Calero

Publicado o 30/10/2020 14:56

Os trens de Renfe lembran a figura do escritor Carvalho Calero, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, que non se puido celebrar o 17 de maio por mor do confinamento.

Para compensar, o departamento de Política Lingüística da Xunta pon en marcha campañas de homenaxe e difusión da figura do filólogo, académico e poeta ferrolán, en colaboración con Renfe. Os trens A Coruña-Vigo e A Coruña-Ourense amosan desde hai un mes carteis nos que se pode ler un breve resumo da vida e a obra do que fora estudoso da lingua e da literatura galegas, catedrático e profesor.

O secretario xeral de Política Lingüística sinalou que este tipo de campañas chegan a máis xente que os actos académicos.


 

Noticias web

30/10/2020