CRTVG

Buscar

Os peritos tratan de trazar o perfil psicolóxico da vítima e os acusados no caso do Arandina

Publicado o 27/11/2019 16:07

A primeira en declarar nesta quinta sesión do xuízo, que se celebra a porta pechada ao ser a vítima menor de idade, foi a psicopedagoga que atendeu a pequena. Despois farano os 13 peritos restantes, seis deles declararán por videoconferencia.

Cos seus tetemuños tratarase de trazar o perfil psicolóxico da vítima e os tres acusados, ex-xogadores do Arandina Club de Fútbol. Outro xogador deste equipo burgalés, que estaba no piso a tarde da suposta agresión, declarou na sesión de onte que non observou nada raro.

Versión distinta ofreceu outra menor, que ratificou que a vítima lle dixo tres días despois da suposta agresión que os tres acusados a obrigaron a manter relacións sexuais.

A Fiscalía solicita para os tres mozos penas que suman os 118 anos de cárcere, ao considerar que cada un deles é culpable dun delito de agresión sexual e dous de colaboración necesaria ao actuar en grupo.

Noticias web

27/11/2019