CRTVG

Buscar

As empresas auxiliares de Endesa vanse manifestar nas Pontes para reclamar carga de traballo

Publicado o 20/08/2019 22:07

As empresas auxiliares de Endesa As Pontes manifestaranse este mércores para reclamar carga de traballo para os preto de 250 empregados que lle dan servizo á central térmica. Súmanse así ás protestas dos transportistas de carbón, afogados, din, despois de catro meses de inactividade na central das Pontes. Os traballadores da industria auxiliar concentraranse diante da planta e tamén no Porto Exterior de Ferrol. Piden unha reunión urxente coa dirección de Endesa para que lles aclare que plans de futuro ten para a central das Pontes, que, polo momento, está parada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019