CRTVG

Buscar

Os transportistas poderán comer no interior das áreas de servizo

Publicado o 15/02/2021 20:24

Enrique xa non terá que andar cargando coa neveira para ter comida dabondo nas súas viaxes. Esta imaxe dos comedores pechados nas áreas de servizo galegas vai mudar, xa que os transportistas coma el poderán desde este mércores comer no interior.

Satisfacción xeneralizada entre os tranportistas, que reclamaran xa esta medida para mellorar as súas condicións.

Maior satisfacción incluso entre os que veñen doutros lugares onde comer no interior segue estando prohibido.

Así que a partir do mércores acabouse o de coller e levar para fóra. Iso si, so para os que acrediten ser transportistas, que, ademais, poderán sentar nas mesas, pero sós, sen ningún acompañante.

Noticias web

15/02/2021