CRTVG

Buscar

Os transportistas piden que o Goberno interveña no prezo dos carburantes

Publicado o 06/04/2020 14:30

Dende que se iniciou a crise do coronavirus, o prezo do barril de Brent baixou case nun 60%, pero esta redución apenas se deixa sentir entre os consumidores. Esta situación padécena especialmente os transportistas, que continúan traballando para garantir o abastecemento de produtos esenciais.

Ante esta situación, as patronais do transporte de mercadorías por estrada reclámanlle ao Goberno que de maneira urxente e excepcional interveña no prezo dos carburantes durante o estado de alarma.

Reclaman que se recupere a regulación de prezos máximos que existía ata o ano 1998, para controlar as actuación insolidarias e abusivas das principais petroleiras.

Noticias web

06/04/2020