CRTVG

Buscar

Os transportistas galegos rexeita pagar máis tributos

Publicado o 14/08/2019 15:58

No sector do transporte galego agardan máis información sobre a proposta do Ministerio de Fomento de cobrar polo uso das autovías galegas.

No sector do transporte en Galicia non ven con bos ollos a idea lanzada esta semana polo Ministerio de Fomento de cobrar polo uso das autovías españolas, sumado ao cobro das peaxes coma, no caso galego, a AP-9.

Quéixanse, ademais, da falta de facilidades por parte das administracións para realizar o seu traballo, denuncian unha alta carga impositiva.
Unha posición que vai da representación á base. Comparten a mesma opinión os traballadores a pé de camión... e de estrada.

De momento, o sector do transporte en Galicia agarda aclaracións por parte de Fomento a este respecto, xa que temen, din, pagar polo uso da autovía e da autoestrada, situación que xa ocorre nun país veciño, Portugal.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019