CRTVG

Buscar

Os transportistas do carbón mobilízanse nas estadas galegas para pedir a reactivación das Pontes

Publicado o 08/07/2019 11:35

Os camioneiros que se encargan do transporte do carbón á central térmica das Pontes levan á rúa as súas reivindicacións. Hoxe percorren as principais cidades galegas nunha caravana reivindicativa que mañá os leva a Madrid.

A factoría de Endesa leva dous meses parada, e iso fai que os transportistas que lle carrexan o carbón tampouco teñan carga de traballo. E falamos dunhas 200 familias, segundo a asociación que reúne estes profesionais. Ademais, hai aproximadamente un ano Endesa esixiulles que renovaran a súa frota de camións para ser menos contaminantes e poder así seguir traballando para a empresa, o que supuxo un investimento forte para moitos deles. Manuel Bouza. presidente da Asociación de Transporte do Carbón das Pontes "Hai menos dun ano estábaselle dicindo á xente xoven, aos camineiros novos, que se ían retirar alí. Pois agora mesmo están sen traballo, sen poder pagar os estudos dos fillos, sen poder pagar o camión e practicamente sen poder comer"

Este mediodía o sector reuníase coa conselleira de Infraestruturas, quen lle ofreceu o seu apoio. Eles din que están dispostos a chegar a Bruxelas para atopar unha solución.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019