CRTVG

Buscar

Os transportistas do carbón esixen en Madrid unha solución para Endesa

Publicado o 16/10/2019 15:10

Xa están aquí os transportistas do carbón que onte saíron das Pontes. Unha caravana de cen camións que deixaron aparcados nunha área de servizo. Pronto se sumarán o resto dos traballadores e dos veciños que viaxan en autobús. A cita é ás catro da tarde, diante do Congreso dos Deputados. Aquí recuperarán folgos para un berro unánime, pedirlle ao Goberno central solucións para a continuidade da central térmica, fundamental na economía da comarca.

Durante a viaxe a Madrid, desde As Pontes, nas conversas dos viaxeiros, o que máis escoitamos é que se lle dea unha solución urxentemente á central térmica das Pontes.  Estas persoas que están a piques de chegar a Madrid reivindican que hai alternativa para a central. Piden a súa reactivación, e aquí, neste autobús, como no resto, hai case vinte que estarán hoxe en Madrid, hai xente que xa fixo esta mesma viaxe desde As Pontes a Madrid para pedir practicamente o mesmo hai agora dez anos.   

Noticias web

16/10/2019