Os transportistas do carbón fan tres días de peche
No concello de Ferrol, pero tamén nos das Pontes ou Vilalba. Son os transportistas do carbón que xa levan pechados tres días.
"O peche ata que arreglemos a situación non se vai levantar", di Roberto González.
Porque xa son cinco meses de parada e as perdas millonarias: "Somos cento cincuenta e as perdas mensuales rondan os dous millóns de euros.. Levamos cinco meses case dez millóns parados", di Roberto González. "Estamos ata o pescozo en préstamos queremos unha solución xa".
Valoran positivamente que o Ministerio de Transición Ecolóxica vaia convocar a dirección de Endesa para poñer en marcha unha mesa de traballo na que se aborde o futuro da central, e así llo transmitiron hoxe ao alcade das Pontes. Será a finais deste mes, pero aínda non hai data.