CRTVG

Buscar

Os transportistas de Endesa pecharanse nos concellos contra a paralise térmica

Publicado o 30/08/2019 16:05

Os afectados pola paralización da central térmica de Endesa, nas Pontes, convocan mobilizacións unitarias das comarcas de Ferrol, do Eume e da Terra Chá para reclamarlle solucións ao Goberno central.

Todos unidos pola continuidade da central térmica das Pontes, unha das catro plantas de carbón que continúan en activo en España e na que se están a investir 237 millóns de euros para adaptala á normativa europea de emisións.

Marcos Prieto:"Todos vivimos da actividade industrial da central. Somo o motor do pobo. O peche desta central suporía a condena da comarca".

Os afectados pola parálise acordaron un calendario de mobilizacións para o mes de setembro que comezará cun peche dos transportistas do carbón nos concellos de Ferrol, Vilalba e As Pontes. Haberá tamén unha folga xeral e unha manifestación pola vila das Pontes o próximo 19 de setembro. O obxectivo reclamarlle ao Ministerio de Transición Ecolóxica medidas que fagan viable a continuidade da produción.

Nicasio Pena, UXT: "É un tema político. Eles son os que teñen que amañar o problema. Os sindicatos estamos unidos, tamén cos comerciantes, empresarios e transportistas."

O colectivo de transportistas do carbón di que agardará polo resultado da xuntanza coa ministra de Transición Ecolóxica prevista para o próximo día 10, pero non desbotan levar os camións ata Madrid.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/08/2019