CRTVG

Buscar

Os transportistas das Pontes viaxan a Madrid para protestar ante o Congreso

Publicado o 15/10/2019 15:37

Os transportistas apuraban esta maña os preparativos para a viaxe cara a Madrid. A situación é moi complicada xa para moitos deles. Canda eles os empregados das industrias auxiliares e o resto do tecido empresarial das Pontes sumarase mañá ás mobilizacións cunha xornada de folga xeral na vila e unha concentración diante do Congreso para reclamar do goberno medidas que sirvan para garantir os 700 empregos directos que dependen da central.

Mentres, na central ultiman os prepararativos para as probas con biocombustibles ás que Endesa se comprometera para estudar a viabilidade da térmica de cara ao futuro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/10/2019