CRTVG

Buscar

Os transportistas continúan co bloqueo da central das Pontes na véspera da folga en Ferrolterra

Publicado o 09/03/2021 20:49

Por quinto día, os camións seguen a cortar o acceso á central térmica das Pontes e tamén á planta de ciclo combinado, ambas de Endesa. Logo de case dous anos sen actividade, os transportitas aseguran que a situación é insostible.

Din que están dispostos a falar e negociar, pero mentres esixen a implicación da Xunta e do Ministerio de Transición Ecolóxica para buscar unha saída.

Na súa protesta estiveron acompañados polos traballadores das auxiliares que tamén manteñen desde mediados de xaneiro un peche indefinido para esixir a Endesa garantía de futuro.

A súa mobilización coincidirá este mércores coa convocatoria de folga xeral na comarca de Ferrolterra.

 

Noticias web

09/03/2021