Os transportistas ameazan con sacar os camións da AP-9 se non se rebaixan as peaxes
Os transportistas galegos ameazan con sacar os camións da autoestrada AP-9 se non se logra unha rebaixa das peaxes.
Esixen as bonificacións que teñen nove autoestradas rescatadas doutros lugares de España.
O sector do transporte de mercadorías galego ultima medidas de presión ante o que consideran prezos inasumibles das peaxes. Entre elas estaría sacar os camións da AP-9, aínda que a federacion constatou que moitos xa comezaran a facelo.
Os transportistas séntense frustrados polas conversas mantidas co Goberno central e queren tamén algo máis de axuda por parte da Xunta.
En calquera caso, os transportistas galegos entenden que a situacion da AP-9 debe enmarcarse nunha negociación no ámbito de España sobre as peaxes porque, aseguran, hai moito transporte nacional e internacional en Galicia.
O vicepresidente da Xunta ve lóxicas as reivindicacións dos transportistas. Alfonso Rueda lembrou que xa está pedida a transferencia da AP-9 cun financiamento suficiente para poder rebaixar as peaxes.