CRTVG

Buscar

Os transportistas afectados polo paro de Endesa preparan mobilizacións

Publicado o 02/09/2019 16:44

Os transportistas do carbón, afectados polo paro na actividade da central de Endesa nas Pontes, comezan a preparar as mobilizacións convocadas para os próximos días.

Esta tarde celebrarán unha asemblea para analizar a situación do colectivo, que leva catro meses sen mover carbón desde o porto de Ferrol ata a térmica.

A semana que vén teñen convocados peches nos concellos de Ferrol, As Pontes e Vilalba para reclamarlle ao Goberno central unha solución de futuro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/09/2019