CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Os transportirtas piden quedar exentos do pagamento do céntimo sanitario

Publicado o 14/10/2013 21:06

A suba do imposto sobre os hidrocarburos, ou céntimo sanitario, afectaralles directamente aos transportistas de vehículos lixeiros. A partir de xaneiro terán que asumir un aumento de 3,6 céntimos no gasóleo, e de 2,4 no prezo da gasolina. Aqueles que conduzan vehículos pesados, é dicir, de máis de 7 toneladas e media, seguirán na mesma situación que ata agora. A eles, o executivo prevé seguir devolvéndolles os gastos derivados do transporte. Polo que seguirán pagando 1,2 céntimos de recargo.
Dende o sector piden o 100 por cento da devolución do céntimo sanitario. Algo que xa se aplica en comunidades como Castela e León. Outras, como Andalucía, non aplican ningunha exención. En Galicia quedarán exentos desta suba, o gasoleo de calefación, o agrícola e o pesqueiro.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

14/10/2013