Os traballadores rexeitan a proposta de Alcoa e esixen a venda
Publicado o 02/08/2021 13:47
Os traballadores rexeitan a proposta de Alcoa de adiar un ano máis a venda da planta de aluminio de San Cibrao. Tempo en que a multinacional pide que se resolva o problema do alto prezo enerxético.
Os traballadores esixen que a venda da factoría se asine antes do 30 de setembro como propuxo a ministra de Industria, a que lle solicitan unha reunión urxente. Manterán a paz social 15 días máis, á espera da próxima xuntanza con Goberno, Xunta e empresa.