CRTVG

Buscar

Os traballadores públicos comezan a reincorporarse a partir do luns

Publicado o 08/05/2020 15:08

A Xunta comezará a preparar o luns a reincorporación dos traballadores públicos, agás persoal sanitario, educativo e de centros socais.

Durante a vindeira semana estudarase quen ten despacho propio, o espazo de seguridade que hai nos compartidos, que persoas poden traballar na casa e a súa dispoñibilidade para cambiar de horario. A partir de aí a volta será gradual e mantendo o teletraballo na medida do posible. Os empregados públicos deberán tomar a temperatura todos os días antes de ir traballar e, se pasan dos 37 graos e medio, quedar na casa.

As visitas ás dependencias da Xunta serán individuais, agás causa xustificada.

Noticias web

08/05/2020