CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alu Ibérica piden a intervención de Inspección de Traballo

Publicado o 22/05/2020 16:10

Os traballadores de Alu Ibérica, na Coruña, retoman as mobilizacións. Hai poucos minutos, ás portas da factoría protagonizaron momentos de certa tensión coas forzas de seguridade ao atopar os accesos pechados. Ían reunirse en asemblea, porque din que están a punto de entrar nun colapso produtivo. O próximo xoves volverán saír á rúa, cunha caravana de protesta, para esixirlle ao Ministerio de Industria que interveña no proceso e aclare a súa situación xurídica tras a venda de Parter ao grupo Capital Riesgo.

 

 

Noticias web

22/05/2020