Os traballadores dos PAC votan hoxe a última proposta do Sergas
Publicado o 08/05/2019 09:03
Os traballadores dos puntos de atención continuada de Galicia votan a partir das nove da mañá a última proposta do Sergas. Despois de dezasete meses de conflito, deciden se aceptan o borrador coas condicións laborais formuladas polo Servizo Galego de Saúde ou continúan coa folga indefinida que manteñen desde xaneiro.
Previamente participaron en distintas asembleas, onde o comité de folga advertiu dun enquistamento na negociación sobre o cómputo da xornada laboral. Tamén avaliaron os distintos escenarios que se abren a partir de agora.