Os traballadores do Sabadell protestan en oito cidades contra o ERE
Publicado o 23/09/2021 13:14

Os traballadores afectados polo ERE do Sabadell protestaron hoxe en oito cidades, entre elas, Santiago.
Os sindicatos volveron rexeitar a última proposta do banco, que consideran unha tomadura de pelo: prexubilacións a partir dos 56 anos e baixas incentivadas dende os 50. O ERE afecta case 2.000 traballadores.