CRTVG

Buscar

Os traballadores de Vulcano maniféstanse para esixir o pago das nóminas

Publicado o 07/02/2019 08:43

A última vez que os 73 traballadores do estaleiro ingresaron unha nómina foi no mes de setembro. Na mesma situación están as auxiliares afectadas pola falta de pagos. É o resultado da parálise dos traballos no único barco que se constrúe arestora no estaleiro. O cadro de persoal saíu á rúa para esixir á dirección o pago das nóminas e que chegue a un acordo cos provedores para desbloquear a construción do transbordador.

Na manifestación, o cadro de traballadores estivo apoiado polo sector, partidos políticos e cidadáns, que os acompañaron durante o percorrido desde a factoría en Teis ata a Delegación da Xunta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/02/2019