CRTVG

Buscar

Os traballadores de Vulcano esixen unha solución para a factoría

Publicado o 09/09/2019 19:49

O Goberno galego mantén o seu compromiso co sector naval. Iso foi o que lles trasladou a delegada da Xunta en Vigo aos representantes do comité de empresa de Vulcano, que se atopa en fase de liquidación.

Corina Porro asegura que a Xunta non mudou a súa postura respecto a un sector que considera estratéxico, e que apoiarán os traballadores.

Máis de 200 empregados de Vulcano e outros estaleiros da ría de Vigo concentráronse diante da delegación da Xunta para pedir unha solucion para a factoría.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019