CRTVG

Buscar

Os traballadores de Vulcano chegan a Santiago para pedirlle á Xunta que evite a desaparición do estaleiro

Publicado o 04/10/2019 17:57

Chegan a Santiago os traballadores de Vulcano despois de percorrer o Camiño desde Vigo. Demandan o apoio da Xunta para evitar que desapareza o estaleiro. Reuníronse co conselleiro de Industria para solicitarlle que busque un investidor e que defenda o mantemento dos postos de traballo.

Ante o Parlamento foron recibidos por deputados dos catro grupos da oposición e de Ciudadanos, que apoiaron as reivindicacións dos traballadores.

 

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, insistiu este venres en que "a clave" para o futuro do estaleiro vigués Vulcano é "ver se realmente hai un investidor" que permita manter a actividade.

 

Noticias web

04/10/2019