Os traballadores de Vestas volven mobilizarse contra o ere
Publicado o 07/10/2021 13:35
Nova mobilización dos traballadores de Vestas en Viveiro despois das últimas reunións coa empresa, nas que non conseguiron chegar a acordo. O comité de empresa di que a compañía non ten intención ningunha de retirar o ERE que ameaza os 115 empregos da fábrica de aeroxeradores.
E para eles, para os empregados, é a única opción: que se paralice o ERE para gañar tempo nas negociacións e buscar outra solución na mesa industrial que quedou constituída este martes, onde están tamén o Goberno e a Xunta. No comité de empresa din que Vestas evita ademais esa mesa e propón negociacións paralelas, sen vontade real de salvar os empregos.