Os traballadores de Vestas "velan" polos seus postos a doce días do ere extintivo
Publicado o 15/10/2021 21:03
EFE / Eliseo Trigo.
Os traballadores de Vestas continúa coas mobilizacións. Tratan de evitar o peche da factoría que deixaría 115 traballadores na rúa. Quedan 12 días para que o ere extintivo sexa efectivo.
Os traballadores organizaron hoxe unha procesión velorio para escenificar a posible morte da factoría de aeroxeneradores se non se busca unha solución antes de que remate a tramitación do expediente de regulación de emprego o próximo 28 de outubro e que afecta 115 traballadores da multinacional dinamarquesa.
Os traballadores reclaman unha implicación das administracións públicas para buscar unha solución que evite o peche desta fábrica. Aseguran ademais que desconfían das alternativas que lles está a ofrecer a multinacional e que pasarían polo traslado dalgúns dos traballadores afectados polo ere a outras factorias que Vestas ten noutras localidades españolas.
As mobilizacións seguirán esta fin de semana. O domingo en Viveiro haberá unha concentración polo futuro da industria da Mariña, unha comarca amezada polo ere de Vestas e o de Alcoa en Cervo.