CRTVG

Buscar

Os traballadores de urxencias do CHUS rexeitan a última proposta e seguirán en folga

Publicado o 05/02/2019 19:06

Esta tarde, os traballadores de urxencias do Hospital de Santiago decidiron continuar coa folga que manteñen desde hai 13 semanas, tras rexeitar a última oferta da xerencia, que dotaba con 24 sanitarios máis o servizo. Tamen os traballadores dos PAC se concentraron diante da consellería para reclamar melloras. Sanidade agarda que as primeiras medidas adoptadas nos grupos de traballo para a mellora da atención primaria comecen a aplicarse este mesmo mes.

O novo contrato estable para os médicos de familia e as primeiras medidas dos grupos de traballo de mellora da atención primaria entrarán en vigor neste mes de febreiro. O conselleiro de Sanidade tamén agarda saber neste mes se o Goberno central autoriza a convocatoria de máis prazas MIR, tal e como reclama a consellería.

O novo contrato estable para médicos de familia e pediatras, dun ano de duración prorrogable ata un máximo de tres, comezará a aplicarse, segundo Vázquez Almuíña, este mesmo mes. 

Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade: "No mes de febreiro. Estamos tendo os últimos contactos para limitar aínda máis a mobilidade. Creo que é un bo contrato, que mellora moito a situación anterior".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí