Os traballadores de Siemens Gamesa esixen a paralización do ERE
Publicado o 19/02/2021 09:10

Os que tamén se mobilizaron foron os traballadores da planta de Siemens Gamesa nas Somozas. Marcharon desde a factoría ata a casa do concello para esixir a paralización do expediente de regulación de emprego.
Mentres protestaban, os seus representantes reuníanse co Ministerio de Traballo para tentar impedir eses 215 despedimentos alegando mala fe da empresa.
O prazo para negociar o ere rematou esta madrugada.