CRTVG

Buscar

Siemens Gamesa entrega a carta de despedimento aos 215 traballadores das Somozas

Publicado o 12/01/2021 11:19

• Os traballadores estudan tomar medidas tras recibiren a documentación do ere

• Sergio López, presidente do comité de empresa: "Aquí non se fixeron investimentos que demandabamos. A compra da empresa da planta de Vagos en Portugal afectounos negativamente"

Siemens-Gamesa entregoulles aos traballadores a carta de despedimento. A empresa vai fábricar as pas que necesita o mercado en Portugal. Os traballadores falan dunha deslocalización.

Foi unha xuntanza moi curta, duns 45 minutos, onde se lle entregaba ao comité de emrpesa toda a documentación do expediente de regulación de emprego que lle vai a afectar a 215 traballadores.

Sergio López, presidente do comité de empresa, destaca que foi unha reunión curta e tensa. Afirma que a documentación entregada é confidencial polo que pouco puido avanzar. Subliñou que o ere negociarase en Madrid porque a planta das Somozas e a de Cuenca pertencen a diferentes comunidades.

Nesa negociación tratarase se se poden conseguir as máximas indemnizacións para os traballadores, prexubilacións e incluso algún traslados a outras plantas.

Os traballadores levan en folga indefinidad desde o 14 de decemebro e continuarán coas súas mobilizacións.

A empresa alega que a planta de pas eólicas das Somozas non é competitiva porque o modelo que se fabrica non ten moita demanda. Sergio López tamén dixo que levan dous anos de reclamacións aos responsables da administración da empresa para que se fagan investimentos e se puidesen fabricar novos produtos.

 

 

 

Noticias web

12/01/2021