CRTVG

Buscar

Os traballadores de Siemens Gamesa cortan o tráfico na autovía Ferrol-As Pontes

Publicado o 21/12/2020 17:33

Os traballadores da planta de Siemens Gamesa nas Somozas cortaron o tráfico esta mañá durante dúas horas a autovía Ferrol-As Pontes. Reclaman un plan de futuro para esta planta do sector das enerxías renovables. O comité de empresa denuncia a falta de interese da multinacional por negociar un futuro laboral, malia o apoio ofrecido polas administracións.

Sergio López, presidente do comité de empresa de Siemens-Gamesa: "É unha incongruencia que a día de hoxe, se o futuro son as enerxías renovables para manter o emprego tanto en España como en Galicia, cerren a planta de Palas que temos aquí nas Somozas"

Noticias web

21/12/2020