Os traballadores de Siemens Gamesa esixen investimentos e carga de traballo
Publicado o 24/10/2020 14:42
Os traballadores da empresa de Siemens Gamesa, ubicada nas Somozas, esixíronlle á compañía carga de traballo e investimentos que aseguren a continuidade da produción. Fixérono nunha manifestación que concluíu fronte ao Concello coa lectura dun manifesto. O comité de empresa salienta que non hai novos pedidos confirmados e que 300 traballadores poderían quedar na rúa a finais de ano, cando se faga a entrega da actual encarga de pás.