CRTVG

Buscar

Os traballadores de Repsol volven concentrarse contra o ERTE que afecta ao 31% do persoal da Coruña

Publicado o 23/04/2021 19:45

Como cada venres, os traballadores da refinería de Repsol na Coruña volveron concentrarse. Mobilízanse en contra do ERTE proposto pola empresa para un máximo de 212 traballadores que representan o 31 por cento do cadro de persoal. Os representantes dos traballadores din que non hai causas reais para aplicar o expediente de regulación. Engaden ademais que é inxusto, sobre todo despois do compromiso que mantiveron coa empresa nos meses máis duros da pandemia.
 

Noticias web

23/04/2021