CRTVG

Buscar

Os traballadores de Reganosa inician unha campaña a prol da continuidade na ría de Ferrol

Publicado o 04/10/2019 15:33

Reganosa dá traballo a máis de 200 persoas, é unha peza clave na transición enerxética da nosa comunidade e ten unhas instalacións seguras. É a base dunha campaña que inicia o comité de empresa da regasificadora ante as alegacións presentadas por distintos colectivos dentro do proceso para legalizar a planta tras da útlima sentenza do Tribunal Supremo.

O comité cidadán de emerxencia, que agrupa varios colectivos da comarca, di que a planta non conta co trámite de declaración de impacto ambiental e que non ten viabilidade económica.

Os traballadores de Reganosa din que actuación destes colectivos responde a unha estratexia empresarial para eliminar a competencia en Galicia e acaparar todas as infraestruturas gasistas en España.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/10/2019