CRTVG

Buscar

Os traballadores de Navantia volven saír á rúa para pedir carga de traballo

Publicado o 05/03/2020 09:55

Os traballadores de Navantia volven saír hoxe á rúa noutro 'xoves do naval'.  Piden máis carga de traballo porque din que teñen as bancadas practicamente baleiras; unha situación que será dramática durante o verán.

Reclaman, ademais, a contrución dun novo buque de apoio loxístico, xa que consideran q a armada ten a necesidade de substuír o Patiño porque lles impide acceder a moitas zonas da Unión Europea, xa que carece do dobre casco.

Esta mobilización inclúese dentro do calendario de protestas que están realizando desde mediados de febreiro e que están previstas que continúen ata finais deste mes de marzo. Amais destas mobilizacións do xoves tamén convocaron unha gran manifestación comarcal para o domingo 15 de marzo.

Noticias web

05/03/2020