CRTVG

Buscar

Os traballadores de Navantia volven saír á rúa en demanda de carga de traballo

Publicado o 19/11/2020 13:49

Nova xornada de protesta dos traballadores do naval, en Ferrol. Volveron saír á rúa para demandar carga de traballo e a modernización do estaleiro.

Tamén denuncian que no proxecto de orzamentos xerais do Estado non aparecen consignados fondos para a construción do dique cuberto, unha ferramenta que, segundo o comité de empresa de Navantia, é clave para conseguir novos contratos e garantir así o futuro da comarca.

Noticias web

19/11/2020