Os traballadores de Navantia e axuiliares maniféstanse para pedir máis carga de traballo

Os traballadores do cadro de persoal de Navantia Ferrol e auxiliares participaron este xoves na manifestación convocada polo comité de empresa en demanda de carga de traballo. Saíron ás dez da mañá do estaleiro, da porta do Arsenal, e camiñan ata o porto, onde confluirán na rotonda do peirao coa marcha dos traballadores afectados polo peche da central das Pontes, que reclaman unha transición xusta.
Os traballadores xa se movilizaron a semana pasada antes de entregar o buque AOR á Real Mariña Australiana, poñendo fin á obra nova existente na factoría ferrolá o que supón desemprego en moitas empresas auxiliares.
Os sindicatos continúan pedindo un buque-ponte entre o AOR e a F-110. Entre outras iniciativas, propuxeron a transformación do buque Galicia ou adiantar a producón dun Cantabria se finalmente se vende o Patiño a Portugal.