CRTVG

Buscar

Os traballadores de Meirama piden que se manteña o emprego cun peche de 24 horas

Publicado o 24/01/2019 21:19

O comité de empresa da central térmica de Meirama iniciou un peche de 24 horas do comité no concello de Ordes para rexeitar a decisión da empresa Naturgy de pechar a planta en xuño de 2022. Os traballadores consideran que a central ten futuro se se acometen os investimentos necesarios para adaptala á normativa europea. Pídenlle á empresa eléctrica que garanta o mantemento dos postos de traballo na zona.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2019