CRTVG

Buscar

Villares comprométese co persoal de Ferroatlántica a levar a súa situación ao Parlamento

Publicado o 23/01/2019 19:54

O voceiro de En Marea, Luís Villares, reuniuse en Cee cunha representación dos traballadores da empresa Ferroatlántica. Os traballadores trasladáronlle a súa preocupación pola parada de dous fornos que afecta uns 60 empregos na planta. Villares comprometeuse a trasladarlle ao Parlamento a súa preocupación polo futuro do sector electrointensivo.  Luís Villares, voceiro de En Marea. "Ese é un tema pendente en todo o Estado. Iso é algo que acabamos de ver con Alcoa e que é necesario regular para evitar a competencia desleal non só en España senón na Unión Europea. Non pode ser que o prezo en Francia sexan 25 euros e aquí paguemos 70. Iso fai que as nosas empresas non sexan competitivas".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2019