CRTVG

Buscar

Os traballadores de Ferroatláncia esixen un plan de viabilidade para as fábricas de Cee e Dumbría

Publicado o 17/02/2020 19:34

Os traballadores de Ferroatlántica inician este luns unha serie de mobilizacións para esixir un plan de viabilidade que garanta o futuro das fábricas de Cee e Dumbría.

Protestan contra os recortes de produción nas dúas factorías e reclaman o arranque inmediato do forno 13, que está previsto que permaneza pechado todo este ano. Ademais, reclámanlle á Xunta que convoque unha reunión a tres bandas, entre a dirección da empresa, o comité e a Administración, para clarexar os termos de venda de Ferroatlántica ao fondo estadounidente TPG e pactar un plan de futuro para a factoría.

Noticias web

17/02/2020