CRTVG

Buscar

Os traballadores de Eulen deciden se aceptan a proposta da Generalitat

Publicado o 12/08/2017 21:00

O ministro de Fomento sinalou que non lle tremerá o pulso para poñerlle fin ao conflito

 

Cúmprense hoxe 20 días desde que comezaron as reas inusuais no Prat e nesta xornada pode falarse de normalidade practicamente total. As esperas de entre dez e vinte minutos serían as habituais no aeroporto nunha ponte de agosto de calquera outro ano. A fluidez no tránsito dos viaxeiros na zona dos controis de seguridade era evidente a partir das nove da mañá en contraste coa madrugada, na que as esperas acadaron os 50 minutos.

A atención concéntrase no que pode suceder mañá na asemblea que farán os vixilantes de Eulen para decidir se van cara ao conflito total ou se aceptan a proposta que teñen enriba da mesa. O ministro De la Serna mandáballes hoxe unha mensaxe explícita.

"O goberno confía na responsabilidade dos traballadores, pero tamén quere mandar unha mensaxe clara e contundente de que os procedementos xa se iniciaron e que os efectivos da Garda Civil xa se están desprazando ao Prat. Desde logo, non nos vai tremer a man para aplicar, no marco da legalidade, o que sexa necesario para garantir a seguridade pública", explicou De la Serna

O comité de empresa segue aspirando a un incremento salarial de 250 euros multiplicado por 15 mensualidades fronte á proposta, que rexeitaron, de 200 euros en 12 mensualidades. Desde os sindicatos, insisten en que a situación actual é consecuencia da privatización de servizos estatais.

"Nós reclamámoslle á Administración a necesidade de falar das contratas do Estado, de poder analizar esta situación non cando hai un fogo, senón dunha maneira xeral", sinala o líder da UXT, Pepe Álvarez.

Fontes próximas aos traballadores deixan entrever que a folga total a partir do luns é unha opción difícil de levar a cabo coa presión dun laudo arbitral por parte do goberno. A solución na votación de mañá vaise conformando como unha opción viable.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2017