CRTVG

Buscar

Os traballadores de Endesa das Pontes protestan contra o empeoramento das condicións laborais

Publicado o 07/05/2019 15:27

Protesta dos traballadores de Endesa, nas Pontes, pola negociación do convenio colectivo. Denuncian que a compañía pretende baixarlles os salarios e os beneficios sociais, cando hoxe mesmo presentaron os resultados e teñen uns beneficios de máis de 400 millóns.

Na marcha participaron algúns dirixentes políticos, como a voceira do BNG, Ana Pontón, ou a deputada socialista Montserrat García.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2019