CRTVG

Buscar

Os traballadores de Endesa As Pontes mobilízanse ante a Xunta en defensa dos seus empregos

Publicado o 17/06/2021 15:08

Os traballadores de Endesa As Pontes seguen a mobilizarse na defensa dos seus empregos. Este mediodía levaron a súa reivindicación ante a sede da Xunta. CIG, Comisións Obreiras e UXT esixen unha transición enerxética xusta e compatible co emprego. Pídenlle ao Goberno autonómico e ao central que dean solucións ante os despedimentos inminentes nas empresas auxiliares e na central térmica, que en dúas semanas deixará de funcionar como tal.

Noticias web

17/06/2021