CRTVG

Buscar

Os traballadores de Ence tratan de rebentar o comezo das festas de Pontevedra

Publicado o 07/08/2021 18:14

Imaxes cedidas polo Faro de Vigo

En Pontevedra, os traballadores de Ence protagonizaron momentos de tensión durante o inicio das Festas da Peregrina.

200 empregados da fábrica pasteira increparon e lanzaron diferentes obxectos ao alcalde da cidade Miguel Anxo fernández Lores. Con bengalas e petardos trataron de boicotear a intervención da pregoira deste ano.

Finalmente tanto o rexedor como outros membros da corporación municipal tiveron que ser escoltados pola policía local.

 

Noticias web

07/08/2021