CRTVG

Buscar

Os traballadores de Ence saen en defensa dos seus postos de traballo

Publicado o 24/05/2019 19:46

O cadro de persoal da fábrica quixo visibilizar unha vez máis a súa preocupación pola incerteza sobre a renovación da prórroga por sesenta anos en Lourizán. Fixérono cunha cadea humana entre o concello de Pontevedra, a Deputación e a Subdelegación do Goberno en que os traballadores defenderon os seus postos de traballo.

Advirten de que se a violación da avogacía é aceptada estarán en risco catrocentos postos de traballo directos e máis de cinco mil indirectos. Urxen unha solución ao Goberno Central. 

Os traballadores confían no proceso xudicial que mantén aberto a Audiencia Nacional sobre a prórroga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019