CRTVG

Buscar

Os traballadores de Ence reclaman nas rúas a continuidade da factoría

Publicado o 26/04/2019 21:03

Os traballadores de ENCE maniféstanse a esta hora polas rúas de Pontevedra para reclamaren a continuidade da pasteira en Lourizán e o mantemento dos 5.000 empregos que xera a factoría. Canda eles protestan tamén os empregados das industrias auxiliares que traballan para ENCE. Todos xuntos reclámanlle ao Goberno central que recapacite e apoie a prórroga de 60 anos que aprobou o Executivo anterior e que autoriza á fábrica de celulosas a seguir na ría ata 2073.

O cadro de persoal de ENCE responsabiliza o actual Goberno socialista do cambio de criterio adoptado pola Avogacía do Estado, que pasou de darlle luz verde á prórroga a retirarse na defensa da mesma. A manifestación dos traballadores conta co apoio da patronal e da clase política. Varios representantes do Partido Popular participan na protesta.

Noticias web

26/04/2019