Os traballadores de Ence bloquean os accesos de Pontevedra con barricadas
Nova protesta dos traballadores de Ence e das empresas auxiliares. Na mañá deste mércores pecharon o tráfico e fixeron barricadas na avenida de Vigo, principal entrada desde a autoestrada AP-9. Isto provocou o colapso na entrada a cidade do Lérez. Tamén o fixeron na estrada vella entre Marín en Pontevedra. A situación obrigou a reorganizar o tráfico.
Salimos unidos de nuevo a defender nuestros puestos de trabajo en Pontevedra ¡¡¡ENCE NO SE CIERRA!!! #ENCENOSECIERRA #ENCENONSEPECHA pic.twitter.com/Wd4X8jipKI
— Trabajadores auxiliares ENCE (@CeaPontevedra) August 11, 2021
Os traballadores queimaron pneumáticos e despregaron varias pancartas en defensa da continuación da pasteira en Lourizán.
Tamén acudiron á delegación territorial da Xunta, que abandonaron para desprazarse ao Concello e á Subdelegación do Goberno.
Con berros de "Ence si paro no" reivindicaron que a fábrica continúa en Lourizán, despois de que a Audiencia Nacional anulara a prórroga da concesión. O seu temor é que peche en cuestión de meses se a xustiza non admite o seu recurso.
O PP tamén pon o foco no Goberno municipal e reclámanlle alternativas para as familias que ven ameazados os seus empregos. No Concello responden que non teñen as competencias para buscar unha alternativa. De momento, sen solución sobre a mesa, os traballadores anuncian que seguirán coas mobilizacións. Din que son 500 familias en Pontevedra pero 5.000 en toda Galicia as que dependen de Ence.