CRTVG

Buscar

Os traballadores de Ence parten cara ao Congreso tras manifestarse en Ferraz

Publicado o 07/11/2019 11:25

A caravana de transportistas chegou a Madrid para reclamar a continuidade da planta, da que dependen cinco mil familias. A Madrid chegaron 160 camións e 140 vehículos lixeiros. Na marcha tamén hai autónomos. Tras concentrarse ante á sede do PSOE, lerán un manifesto diante do Congreso esixindo que non peche Ence Pontevedra.

Saíron de Begonte, en Lugo, máis dun cento de camións e outros 25 de Pontevedra. Sumaranse compañeiros de Asturias e outros vehículos lixeiros. Hai 5.000 afectados.

Na comarca de Pontevedra están preocupados pola retirada do Goberno central do proceso en defensa da prórroga da planta de Ence na ría de Pontevedra. 

Transportistas, estibadores, empresarios e traballadores xuntáronse en Begonte para logo marchar a Madrid para reivindicar a continudade de Ence.