CRTVG

Buscar

Os traballadores de Ence esixirán nas rúas a continuidade da factoría

Publicado o 22/03/2019 21:57
Os traballadores de Ence esixirán nas rúas a continuidade da factoría

Os traballadores de ENCE convocan unha manifestación en protesta polo decisión do Goberno de non apoiar nos tribunais a prórroga da concesión na ría de Pontevedra. Tamén decidiron en asemblea asistir ao próximo pleno da deputación provincial onde solicitaron poder intervir. Os comités de empresa da biofábrica e das oficinas centrais de ENCE aseguran nun comunicado que o cadro de persoal está indignado polo cambio de criterio do Goberno e o uso como arma electoral, din, do futuro de milleiros de traballos.

Noticias web

22/03/2019